• }
  • }
  • }
  • }
  • }

Quen somos

Somos Irene e Julia, dúas veterinarias de vocación que non entendemos a vida sen o contacto cos animais.

Pola nosa experiencia profesional sabemos que a relación con animais, e especialmente con cans, produce efectos extraordinarios nas persoas.

Por iso creamos Cadelar, para compartir as bondades que supón relacionarse con cans, e máis cando temos a sorte de traballar con cans tan especiais como Nuba.


Máis sobre nós

Misión

A misión de Cadelar é mellorar a calidade de vida das persoas a través de crear ou mellorar a súa relación cos animais.

Visión

Ser un referente no ámbito das Intervencións asistidas con animais e no asesoramento para incorporar un animal de compañía á vida das persoas.

Valores

Ter unha relación cos usuarios de respecto e empatía. Asegurar a seguridade e o benestar do animal e das persoas durante as sesións, traballando dunha maneira ética e responsable.

IAA

As Intervencións Asistidas con Animais (IAA) son programas deseñados para promover melloras en diferentes áreas do ser humano co fin de mellorar o seu benestar e calidade de vida. Son intervencións complementarias a outro tipo de programas.

Asesoría

Consultoría para atopar o animal de compañía adecuado en función das circunstancias e características persoais. Unha vez que se atope, axudamos na adaptación do novo membro da familia, facemos adestramento en obediencia básica e asesoramento veterinario.

Etoloxía

O Servizo de Etoloxía Veterinaria ten como obxectivo previr, diagnosticar, prognosticar e tratar os problemas de comportamento tanto do can como do gato co fin de  evitar o sufrimento dos nosos animais e facilitar a convivencia cos seus propietarios.