Equipo

Julia Piñeiro Herrero


Veterinaria. Máster en Etología clínica e benestar animal. Clínica veterinaria propia durante seis anos e tamén traballou en clínicas por conta allea. Actualmente realiza consultas de menciña do comportamento. Voluntaria en AFACO (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer) e Centros de día FRAMA, facendo actividades asistidas coa súa cadela Nuba.

Técnica en Intervencións asistidas con animais.


Ver en Linkedin

Nuba


Cadela de raza Golden Retriever. Naceu en xullo de 2014.

É unha cadela adestrada dende cachorra para traballar en Intervencións e goza facéndoo.

É moi sociable e encántalle recibir e dar agarimo.


Baloo


Can de raza Labrador. Naceu no 2017.

É un can dinámico e activo, adestrado dende cachorro para traballar nas intevencións.