Quen somos
Cadelar conta cun equipo de profesionais do ámbito socio-sanitario entre os que se incluen:
- Veterinaría
- Guía canino
- Educadoras caninas
- Mestras
- Psicólogos
- Educadoras sociais
Os nosos cans están seleccionados e adestrados específicamente para estas intervencións.
Contamos cun protocolo zoosanitario, supervisado polo noso equipo veterinario, para garantir a seguridade e o benestar de tódolos participantes.
Máis sobre nós

Misión
A misión de Cadelar é mellorar a calidade de vida das persoas a través de crear ou mellorar a súa relación cos animais.

Visión
Ser un referente no ámbito das Intervencións asistidas con persoas con discapacidade, terceira idade, exclusión social, educación e pacientes hospitalizados.

Valores
Ter unha relación cos usuarios de respecto e empatía. Asegurar a seguridade e o benestar do animal e das persoas durante as sesións, traballando dunha maneira ética e responsable.
IAA
As Intervencións Asistidas con Animais (IAA) son programas deseñados para promover melloras en diferentes áreas do ser humano co fin de mellorar o seu benestar e calidade de vida. Son intervencións complementarias a outro tipo de programas.
Etoloxía
O Servizo de Etoloxía Veterinaria ten como obxectivo previr, diagnosticar, prognosticar e tratar os problemas de comportamento tanto do can como do gato co fin de evitar o sufrimento dos nosos animais e facilitar a convivencia cos seus propietarios.