Servizos de Cadelar: IAA, asesoría e etoloxía

IAA

As Intervencións Asistidas con Animais (IAA) son programas deseñados para promover melloras na función física, social, educacional, emocional e / ou cognitiva das persoas. Son levadas a cabo por un equipo humano multidisciplinar especializado e un equipo animal adestrado en intervencións.

Traballamos cun animal, no noso caso con cans adestrados en IAA, porque rapidamente convértense nun foco de atención e crean un vínculo emocional co usuario que favorece a participación nas actividades e reforza a transmisión de conceptos, valores e accións.

Os obxectivos xerais das IAA son: Aumentar a empatía, a sociabilidade, a autoestima, a participación, a estimulación mental e o exercicio físico. Así como diminuír a tensión, a ansiedade, a agresividade e a depresión.

Adaptamos as sesións á idade, necesidades e capacidades de cada persoa.

TERAPIA ASISTIDA CON ANIMAIS (TAA)

É unha modalidade de tratamento terapéutico, individual ou grupal, no que un animal que cumpre determinados criterios forma parte integral do proceso. Está dirixida por un profesional da saúde o cal marca os obxectivos específicos, documenta e avalía o proceso. As TAA complementan outro tipo de terapias, non son sustitutivas.

EDUCACIÓN ASISTIDA CON ANIMAIS (EAA)

É unha actividade educativa dirixida por un profesional da educación. Realízase un proxecto cuns obxectivos concretos e avaliación final. Trátase dunha forma divertida e diferente de aprender e adquirir novas habilidades. Pode ser individual ou grupal.

ACTIVIDADES ASISTIDAS CON ANIMAIS (AAA)

Son actividades lúdicas que contribúen a mellorar a calidade de vida da persoa, pois achegan beneficios motivacionales e recreativos. Non requiren de avaliación, pero non por iso deixan de ser terapéuticas.

Asesoría

Consultoría para atopar o animal de compañía adecuado

Á hora de buscar un compañeiro de catro patas hai que ter en conta diversos factores para asegurarse de que a convivencia vaia a ser óptima.

En canto á persoa hai que valorar: o seu estado físico, hábitos de vida, espazo do que dispón en casa e a capacidade económica.

Por parte do animal, hai que ter en conta as súas necesidades e os coidados que require.

Adoptar ou comprar un animal é unha decisión que hai que tomar de forma consciente e responsable.

-  Asesoramento para atopar a túa media laranxa de catro patas.

- Axuda na adaptación do animal ao fogar. 

-  Adestramento en obediencia básica. 

-  Asesoramento veterinario.

Etoloxía

A Etoloxía clínica veterinaria ou Medicina do comportamento encárgase do diagnóstico, prevención e tratamento dos problemas de comportamento en cans e gatos.

Como problemas de comportamento englóbanse todas aquelas condutas problemáticas que supoñen unha diminución no benestar animal e pon en perigo a súa relación cos propietarios. Estes problemas poden ter diferentes orixes. Para chegar a comprender o porqué da conduta, utilízanse por unha banda a consulta de comportamento e por outras diferentes probas clínicas para descartar calquera enfermidade orgánica que poida influír ou ser responsable de como se comporta a nosa mascota.

A consulta de etología está orientada aos cans e gatos nos que o dono advirte unha modificación no seu comportamento habitual, ou ben, calquera problema que faga difícil a convivencia. Nunha primeira cita, normalmente no domicilio familiar, recóllese información a través dunha entrevista co propietario e a observación do animal e do medio no que vive. Tras a anamnesis emítese un primeiro diagnóstico e as normas iniciais de actuación. A medida que avance o tratamento, iranse adaptando ou cambiando as normas de actuación até corrixir a conduta.

Metodoloxía

Contacto


Establécese vía mail ou telefónica, onde ofrecemos ou informamos dos posibles servizos dentro das IAA. Traballamos tanto con entidades, públicas ou privadas, como con particulares.

Recollida de información


Fíxase unha reunión onde se recompila información das características e necesidades dos usuarios.

Planificación do proxecto


Coa colaboración de profesionais da educación (EAA) ou da saúde (TAA) que teñan relación cos usuarios, fíxanse os obxectivos a alcanzar. En base a eses obxectivos e aos datos dos usuarios deseñamos as sesións axustadas aos destinatarios. As sesións son revisadas e aprobadas polos profesionais da educación ou da saúde. Faise a calendarización das sesións e a repartición de competencias. Prográmase unha visita coa cadela ao centro ou á vivenda, previa a comezar o programa, para que se familiarice co espazo.

Desenvolvemento


Ponse en marcha o proxecto. Avalíase ao final de cada sesión para ver os avances dos usuarios e considerar ou non un cambio na estratexia.

Avaliación


Ademais das avaliacións post-sesión realizarase unha avaliación ao final do proxecto mediante un informe final onde se reflicta os obxectivos, os medios utilizados e os resultados obtidos.