• }
  • }
  • }
  • }
  • }

Quen somos

Cadelar conta cun equipo de profesionais do ámbito socio-sanitario entre os que se incluen:

  • Veterinaría
  • Guía canino
  • Educadoras caninas
  • Mestras
  • Psicólogos
  • Educadoras sociais

Os nosos cans están seleccionados e adestrados específicamente para estas intervencións. 

Contamos cun protocolo zoosanitario, supervisado polo noso equipo veterinario, para garantir a seguridade e o benestar de tódolos participantes.


Máis sobre nós

Misión

A misión de Cadelar é mellorar a calidade de vida das persoas a través de crear ou mellorar a súa relación cos animais.

Visión

Ser un referente no ámbito das Intervencións asistidas con persoas con discapacidade, terceira idade, exclusión social, educación e pacientes hospitalizados.

Valores

Ter unha relación cos usuarios de respecto e empatía. Asegurar a seguridade e o benestar do animal e das persoas durante as sesións, traballando dunha maneira ética e responsable.

IAA

As Intervencións Asistidas con Animais (IAA) son programas deseñados para promover melloras en diferentes áreas do ser humano co fin de mellorar o seu benestar e calidade de vida. Son intervencións complementarias a outro tipo de programas.

Etoloxía

O Servizo de Etoloxía Veterinaria ten como obxectivo previr, diagnosticar, prognosticar e tratar os problemas de comportamento tanto do can como do gato co fin de  evitar o sufrimento dos nosos animais e facilitar a convivencia cos seus propietarios.