Blog

Traballando pola inclusión

Traballando pola inclusión

Ola! Estreamos este blog contándovos a nosa experiencia xunto á Asociación Aloumiños polos colexios da Costa da Morte.

Aloumiños é unha asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte.

Con motivo da celebración do Día das persoas con discapacidade, o pasado día 3 de Decembro, organizamos con eles unhas actividades asistidas con animais para promover a inclusión nos coles.

Y qué terá que ver unha cousa coa outra, preguntarédesvos, pois é moi sinxelo: un can non ten prexuizos, polo que non discrimina ao neno/a que é diferente. Nuba, ao entrar á aula saúda a tódolos nenos por igual e realiza as actividades con todos sen importarlle que o neno/a non fale ou non camiñe, por exemplo. Esta relación coa cadela fai que os nenos con necesidades especiais se sintan parte do grupo e así aumentamos a súa autoestima.

Visitamos colexios en Laxe, Baiñas (Vimianzo), Buño, Carballo e A Silva (Cerceda). En todos eles os nenos desfrutaron moito coas actividades e os profesores quedaron encantados coa resposta dos seus alumnos.

 A anécdota máis bonita sucedeu en Carballo, cun neno con TEA que lle tiña medo aos cans. Despois dun anaco con Nuba, foi capaz de mirala, tocala  e incluso tirarlle un xoguete para que llo trouxese. A súa profesora non daba crédito ao sucedido, e comentounos que a motivación que supón a cadela é asombrosa.

No colexio de A Silva, en Cerceda, acompañounos a Televisión de Galicia para facer unha pequena reportaxe para o programa “A Revista”. Esperamos que vos guste o video ;)

Galería

Compartir