Blog

A motivación é a clave

A motivación é a clave

Nas Actividades asistidas con animais que realizamos con xente maior e con nenos, facemos moitos ejercicios que xa fan eles normalmente nos seus centros, como exercicios de memoria, cálculo, psicomotricidade… pero a diferenza é que os facemos coa cadela Nuba.

Esta pequena diferenza é determinante para o comportamento dos asistentes á actividade. O efecto motivador que supón a cadela é tan grande que os usuarios están moito máis dispostos a participar nos exercicios.

Nos centros de maiores, cando temos a reunión previa cos traballadores do centro, sempre nos comentan dalgún usuario en concreto que non se involucra nas actividades co resto de compañeiros, pero cando empezamos as actividades con Nuba prodúcese a transformación, pasa de non querer participar a ser dos primeiros en ofrecerse como voluntario.

Un caso que reflexa moi bien a importancia da motivación foi o de un neno con Síndrome de Down que segundo os seus profes é moi vago e non lle gusta nada o exercicio físico, non son capaces de que faga nada nas clases de ximnasia.

Cando fixemos un circuito de obstáculos, que primeiro pasou Nuba e despois os nenos, este rapaz en cuestión percorreuno varias veces seguidas sen darse de conta de que estaba facendo exercicio. E fíxoo polo simple feito de imitar á cadela.

Cando unha persoa está motivada pode conseguir todo o que se propoña. 

Compartir