Blog

Entrevista a Laura, Terapueta Ocupacional no Centro de día Frama.

Entrevistamos á Laura Gándara Insua, Terapeuta Ocupacional que traballa no Centro de día Frama situado no Paseo marítimo da Coruña (c/Matadero).

Nuba asiste a ese Centro de día dende que era unha cachorra, alí é onde foi aprendendo a socializarse con xente maior e a habituarse ás cadeiras de rodas e bastóns.

Queremos saber a súa opinión sobre as Intervencións asistidas con animais en xeriatría.

– ¿En qué ano comezou a vosa actividade como Centro de día?

 No ano 1998 comenzou a actividade do Centro de Día Frama no Paseo marítimo da Coruña. Posteriormente, ampliáronse os servizos en unhas novas instalacións na zona dos Castros no ano 2010. A miña incorporación como Terapeuta Ocupacional, foi no ano 2012.

 – ¿Cal é a la labor dun/ha Terapeuta Ocupacional nun Centro de día?

Nun Centro de día, o/a Terapeuta Ocupacional proporciona ós usuarios unha mellora da autonomía persoal no desempeño das súss actividades da vida diaria (actividades de aseo e hixiene persoal, alimentación, vestido, uso do baño, desplazamentos…) así como fomentar a participación social e o ocio. Todo iso, conleva a unha mellora da calidade de vida dos nosos maiores e dos seus coidadores principais.

 – ¿Onde conociches as Intervencións asistidas con animais?

 Meus primeiros inicios e coñecementos nas intervencións asistidas con animais foron nos meus anos de carreira, tanto en estancias prácticas como en clases presenciales, a cargo de profesionais da materia (terapeutas ocupacionais e adestradores caninos).

 – ¿Qué te parece a realización deste tipo de actividades coas persoas maiores?

Na miña opinión, considero que este tipo de actividades é fruto dun bonito traballo en equipo entre varios profesionais (aqueles que traballan co can- educadores caninos, veterinarios… e aqueles que traballan coas persoas- terapeutas ocupacionais); e son intervencións moi boas para todo tipo de usuarios, pois o can actúa como medio terapéutico, incluso é capaz de establecer un vínculo coa persona antes que calquera profesional.

No caso das persoas maiores, é moi beneficioso tanto a nivel cognitivo como a nivel físico y/o psicosocial.

– Pola vosa experiencia ¿Qué beneficios observas que aporta ós usuarios do centro as actividades con Nuba?

Nas actividades levadas a cabo con Nuba no centro, obsérvase  que aporta beneficio en cuanto a movilidade dos usuarios, autonomía nas súas actividades diarias pois as prácticas de hixiene, vestido, aseo… son perfectamente aplicables ó seu día a día. Ademáis, proporciónalles estimulación sensorial (táctil, auditiva, olfativa, visual); desarrollo das capacidades cognitivas; interacción entre eles mesmos e coa cadela; fomento da comunicación verbal e non verbal; expresión de diversas emocións (satisfacción, alegría, benestar…).

¿Hai algunha anécdota cos usuarios do centro que recordedes durante as actividades con Nuba?

Son grandes as anécdotas xurdidas ó longo de dous anos que Nuba acude ó centro para facer as intervencións. Por exemplo, cómo non, recordar un usuario que imitou á cadela pasando polo aro; as expresións sorrintes de alguns usuarios con demencia, incluso aqueles que non son capaces de comunicarse e con Nuba establecen un vínculo especial so co simple feito de acariciala.

¿Notades algunha diferencia entre a primeira vez que veu Nuba con catro meses ata hoxe?

Sen dúbida, apréciase unha gran diferencia dende as primeiras intervencións ata a actualidade. Encóntrase moi integrada coas persoas maiores, un carácter moi bo, tranquilidade e participación no desenrolo das actividades. Ademáis de unha gran interacción cos usuarios. Na consecución do aprendizaxe de actividades, avanzouse dende aquelas máis simples ata as máis complexas.

En conclusión, Nuba é especial e é unha boa cadela para este tipo de intervencións, pois desarrollou unha serie de habilidades que un bo can de terapia debe adquirir.

De esquerda á dereita: Laura, Terapeura Ocupacional. Nuba. Y Sandra, que xunto á Olga son as propietarias dos Centros de día Frama.

Compartir